Saltar ao contido

Illa Adelaide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Adelaide
(en) Adelaide Island Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoAdelaide de Saxe-Meiningen Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorJohn Biscoe (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Parte deAdelaide-Biscoe Islands (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAntártida Editar o valor en Wikidata
División administrativaZona do Tratado sobre a Antártida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 67°15′S 68°30′O / -67.25, -68.5
Bañado porOcéano Antártico Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.315 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións33 (ancho) × 135 (lonxitude) km
Punto máis altoMount Gaudry (en) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.315 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie4.463 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa Adelaida, denominada illa Belgrano de xeito oficial pola Arxentina. É unha illa da Antártida, de considerable tamaño, uns 135 km de longo por 32 km de ancho, 4.463 km², e situada no Océano Glacial Antártico, ao oeste da Península Antártica e moi próxima a ela, especificamente fronte á Península Arrowsmith, case inmediatamente ao sur do círculo polar antártico e ao norte da Baía Margarita.

Alcanza unha altitude máxima de 2.317 m, e ten unha liña de costa de 369 km. Está case completamente cuberta de xeo permanente.

A República Arxentina inclúe a esta illa no Departamento Antártida Arxentina dentro da provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, para Chile forma parte do Territorio Chileno Antártico e para o Reino Unido do Territorio Antártico Británico, pero estas reclamacións están suspendidas en virtude do Tratado Antártico.

Foi descuberta en 1832 por unha expedición británica ao mando de John Biscoe, e bautizada por el en honra á raíña Adelaide do Reino Unido.[1] O primeiro recoñecemento da illa efectuouno a expedición antártica francesa de 1908-1910 ao mando de Jean-Baptiste Charcot.

Nas costas desta illa sitúanse actualmente as bases Rothera do Reino Unido, e as bases chilenas Guesalaga e Carvajal.

  1. Extract from the 'Tasmanian' of Hobart, dated 11th October 1833. "Interesting to the World at Large". The Sydney Monitor, 2 de novembro de 1833. Consultado o 26 de marzo de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]